Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Biblioteca de Cee si convoca a 30ª edición dos certames escolares culturais

Marcapaxinas Concello Cee 2019
Este foi o Marcapaxinas gañador da última edición, a de 2019
A Biblioteca de Cee si convoca a 30ª edición dos certames escolares culturais

Despois de verse obrigado a cancelar os concursos o ano pasado, por primeira vez nos seus 29 anos de existencia, José Ramón Senra Rey está hoxe moi contento por poder convocar os certames escolares da Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee.

Uns certame que suman a día de hoxe 7.402 os traballos presentados, entre os certames de achegamento ao libro, do marcapáxinas e de teatro.

Co ánimo de seguir achegando a cultura e fomentar a lectura ao alumnado dos centros de ensino de Cee comarca, convocan o concurso de “Achegamento ao Libro”, que este ano chega a súa 30ª edición; así como o certame “Na Procura do Noso XVII Marcapáxinas”, con 17 anos ás súas costas.

O certame de achegamento ao libro ten varios premios, sempre como vales para material didáctico e libros a trocar nas librerías: 80€ para o gañador de 1º e 2º de primaria; 90 para o gañador de 3º e 4º de primaria, e finalmente; e 100 euros para o gañador de 5º e 6º de primaria.
Pola súa parte o de marcapáxinas terá un premio único de 100€.

Como participar

Ao igual que en anos anteriores, destacar que nesta edición tan só poderán participar os alumno/as de Educación Primaria, e que a dotación económica dos premios mantense en todas as categorías; por outra banda, volvo a pedir a todos os participantes a obriga de cumprimento coas bases dos diferentes concursos, facendo fincapé coas que fan referencia á presentación dos traballos, que deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Cee, sito no 1º andar da Casa do Concello (Rúa Domingo A. de Andrade, s/n) en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 horas, ata o 8 de abril ou enviar por correo ordinario, antes da devandita data.

Novas relacionadas

Comentarios