Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O BNG (re)arrincou a a precampaña en Cee

PRECAMPAÑA_EX_23X_CEE_28 XUÑO_2
A portavoz nacional, Ana Pontón, e Néstor Rego, que lidera a candidatura ao Congreso pola provincia da Coruña, estiveron acompañados por Primitivo Pedrosa (Carnota) e Ana Pasantes (Camariñas).
O BNG (re)arrincou a a precampaña en Cee

Ata o día 7, en teoría, non comeza a campaña de cara ás eleccións xerais do 23 de xullo de 2023. Pero a realidade é que vivimos nun país en eterna campaña. E así se reflicte co mitin organizado polo BNG esta pasada mañá de mércores na Praza 8 de marzo de Cee.

Ana Pasantes e Primitivo Pedrosa
A representación costeira estivo formada por Ana Pasantes e Primitivo Pedrosa

“Este 23 de xullo está en xogo que Galiza conte ante o Estado, está en xogo ter para a comarca da Costa da Morte unha voz propia máis forte que defenda os seus intereses en Madrid e para conseguilo a alternativa ao de sempre é o BNG: unha garantía para que Galiza sexa respectada en Madrid e, ao mesmo tempo, avanzar en dereitos e liberdades”, sinalou a portavoz nacional dun BNG que aspira a conseguir grupo propio, subindo de 1 a 5 escanos.

“Fronte a un PP e un PSOE que fan o que lles mandan desde as súas sedes madrileñas, o BNG vai poñer Galiza na axenda do Estado coa forza que nos dean os galegos e as galegas”, subliñou. Por iso, indicou a necesidade de “contar cun grupo galego forte no Congreso para poder ser determinantes e ter a capacidade de loitar polos nosos intereses”, recalcou, proclamando que o BNG “sae a por todas, sen límites e co obxectivo claro de ter un grupo galego forte en Madrid”.

Lembrou a discriminación que soporta a comarca da Costa da Morte. “Coñecedes as consecuencias de que sexa Madrid quen decide por nós, porque cando iso pasa, a maior parte das veces deciden en contra de nós, por iso é tan importante ter peso político para facer valer os nosos intereses, para defender os intereses desta comarca”, recalcou.
Neste sentido, citou o exemplo do modelo enerxético que impoñen desde Madrid, un modelo no que Galiza non recibe ningún beneficio pese a ser rica en electricidade. Ao contrario, paga os custes sociais e ambientais e vemos como o noso sector industrial cada vez vai a menos e como se perden empregos.

PRECAMPAÑA_EX_23X_CEE_28 XUÑO_3 copia

Eólicos

O BNG tamén estivo presente no Parlamento Galego, onde o deputado Luís Bará preguntou ao goberno sobre as sentenzas xudiciais contrarias ao desenvolvemento eólico promovido pola Xunta de Galiza, o deputado do BNG, Luís Bará afirmou que o “Goberno galego está sendo vapuleado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza por violentar a normativa medioambiental”.

O deputado incidiu en que os proxectos eólicos suspendidos polo Tribunal Superior de Xustiza pertencen, a Greenalia empresa que facilita ao Partido popular “as portas xiratorias” para colocar a exmembros do goberno como a exconselleira, Beatriz Mato. Lembrou que os proxectos de Campelo, Bustelo e Toural son “ilegais” porque non cumpriron os prazos legais de información pública, non someteron os informes a información pública e porque se produciu unha “fragmentación ilegal dun proxecto en tres” para evitar unha avaliación ambiental conxunta.

Comentarios