O BNG de Cee fai a súa proposta para apoiar os orzamentos de 2023

09:52 29/11/22
Celebrouse a pasada semana a primeira das comisións sobre os orzamentos do Concello de Cee 2023. Os grupos políticos estudaron a proposta do grupo de goberno e xa os primeiros formulan as súas propostas. Así, o BNG lanza esta “oferta aberta a negociación”, cunha batería de propostas que determinarán se o BNG apoia ou non os orzamentos do curso que vén.
Serxio Domínguez é consciente de que para “para facela realidade hai que sacar cartos doutras partidas”, polo que propón ”que se reduzan os soldos da equipa de goberno de tres a un, co que si non se cubren as necesidades arriba plantexadas, si se da cobertura a varias delas”.
Esta é a batería de propostas que pretende incluír o BNG nos Orzamentos municipais de Cee 2023:
- Crear un punto concreto e definido de Becas–bolsas de estudo para alumnado de primaria, Eso, bacharelato, ciclos formativos medio e superior e estudos de grao medio e superior. Esta partida non baixará do 0.5%.
- Pór en marcha un plan de mantemento das depuradoras de augas residuais do rural.
- Recuperar as subvencións as entidades culturais e veciñais. A partida non baixará do 0,5%.
- Crear unha partida destinada a agrupación de protección civil que permita as persoas voluntarias execer a súa función cun mínimo de garantía e comodidade.
- Aumentar a partida a Fundación Fernando Blanco.
- A creación dunha plan de adecuación dos camiños e recollida de augas no rural, coa dotación da partida económica necesaria.
- A ampliación do anexo de subvencións para pode axudar as deportistas que compiten de maneira individual.
- A posta en marcha dun plan de choque para rematar coas barreiras arquitectónicas e o aumento da seguridade vial nas nosas estradas.
- A colocación de luminarias en cada un dos pasos de peóns existentes nas Avenidas Fernando Blanco e Fisterra, así como a eliminación das prazas de aparcamento que lindan cos pasos e son un obstáculo de visión para @s conductor@s de vehículos.