martes. 13.05.2025
El tiempo

O BNG de Cee pide cambios na ordenanza municipal de animais

Setter adoptada en Salvacadelos
Setter adoptada en Salvacadelos
O BNG de Cee pide cambios na ordenanza municipal de animais

Trala denuncia realizada polo Refuxio de animais de Cee, é hoxe o BNG o que pide unha actualización da actual ordenanza de Tenencia de Animais.

O BNG explica que  punto número 8 do artigo 14 (Circulación e permanencia do can en vías públicas e locais), di o seguinte:
Está prohibida a circulación e estadía dos animais domésticos nas praias e nos espazos públicos de acceso a elas ou ao servizo dos seus usuarios no período que vai de 1o de xuño ao 30 de setembro de cada ano, agás das 22:00 ata as 10:00 horas do día seguinte.

Desde o Bng de Cee, e logo das queixas e propostas recollidas da veciñanza, vai pedir "a suavización desta norma, no que se refire as franxas horarias, xa que é restrictiva de mais".
Consideran necesario o cambio nos horarios e imos porpór por escrito que se amplie o tempo de posible permanencia dos animais nas praias, pasando a ser das 8 da tarde as 11 da mañá.
“Con este cambio posibiltariase que as persoas con animais domésticos teñan tres horas mais de día para desfrutar das nosas praias coas súas mascotas, entendendoo así porque até as 11 da mañá é raro ver a xente nos areais e a partir das 20 horas comeza a volta a casa”, declarou Serxio Domínguez Louro, portavoz do BNG de Cee.

No mesmo documento solicitarán tamén que se estude a posibilidade de habilitar unhas das praias do concello para que sexa libre ao uso de mascotas.

Máis novas

Comentarios