Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee pide o tratamento de residuos urbanos especiais por enésima vez

Poligono de Cee aerea
O polígono sería a súa ubicación perfecta
O BNG de Cee pide o tratamento de residuos urbanos especiais por enésima vez

Leva anos pedindo un punto limpo o BNG para Cee como referencia comarcal. Pero mentres o punto limpo non é unha realidade, solicita a firma dun convenio cunha empresa especializada para que afronte a recollida de todo tipo de resíduos sólidos urbanos. Non só das fraccións orgánica e resto (e a fracción marrón que ao longo deste ano terá que ser implantada en todos os Concellos), senón tamén outro tipo de lixo como móbiles vellos, as pilas e baterías de calquer aparato, os cartuchos e toners das impresoras, as bombillas dos fogares, os pequenos electrodomésticos como
batidoras, radios, ordenadores, microondas, calquera resíduo textil, enseres vellos de cociña como potas ou tixolas.

Son, todos estes, residuos que a día de hoxe unha veciña de Cee non sabe onde pode tirar (agás o aceite usado que si hai contedores polo Concello tras unha iniciativa do mesmo grupo)

"A situación actual, a da inexistencia dun punto limpo, supón que hai que é preciso explorar outras opcións". Por iso, o BNG vén de ter un encontro recentemente con Conecting Oil, unha empresa con sede en Carballo que se adica a recollida de todo este tipo de lixo en moitos concellos da contorna. A empresa, en colaboración cos concellos, xa está traballando con Ponteceso e Camariñas, traza un percorrido cuatrimestral de recollida de este lixo, e faino porta a porta e de forma gratuita.
Ademais, a Consellería de Medio Ambiente acaba de abrir unha liña de subvencións con prazo até o 31 deste mes, e na que se axuda aos concellos co 90 por cen da inversión precisa para os bindóns do aceite.

Comentarios