Venres. 07.05.2021
El tiempo

O BNG traslada un parque de obras propostas pola veciñanza

A estrada en Toba e Cabaleriza que pasa por Sembra adoite ter noeboa copia
A estrada en Toba e Cabaleriza que pasa por Sembra adoita ter néboa
O BNG traslada un parque de obras propostas pola veciñanza

Esta semana, o BNG de Cee vén de presentar unha lista de obras que saen das demandas veciñais que van escoitando. Todas elas son obras de baixo custe e moi necesarias.

Os representantes Serxio Domínguez Louro e César F. Pérez Martínez enumeran as propostas:

  • Adecuación de, cando menos, unha das vivendas de propiedade municipal para emerxencias sociais. Preparación da cociña así como calquera outra necesidade que teña.
  • Rampa de acceso ao cemiterio vello.
  • Plan de Choque para rematar coas barreiras arquitectónicas.
  • Pistas interiores de Brens: Renovación do firme e arranxo do sistema de evacuación de augas; e limpeza da área de cunetas para o paso de vehículos de emerxencias.
  • Arranxo do Parque Infantil da Escola de Brens.
  • Arranxo do camiño de Loureiros cara o mirador de Gures.
  • Remate dos muros que quedaron das obras no lugar de Gures.
  • Estrada interior de Morancelle de Arriba.
  • Revisión e bacheado da estrada Cabaleriza-A Lagoa.
  • Sistema antinéboa na estrada de Toba-Lires, dende a ponte que cruza a vía rápida ante a entrada de Cabaleriza.

comentarios