Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O bombeiro Rubén Suárez Carballo lévanos de viaxe ata o ceo co seu novo libro

Los Rios del cielo Libro de Ruben Suarez Carballo
O bombeiro Rubén Suárez Carballo lévanos de viaxe ata o ceo co seu novo libro

Bombeiro en Cee dende hai décadas, é un dos grandes promotores das espectaculares expedicións luminosas nas rochas do Coadoiro. Pero Rubén Suárez Carballo, ademas de escalador, é un viaxeiro indiscutible, e aproveita todas as súas experiencias para darlle contarnos ao mundo.

Xa temos viaxado con el ata o Perú, e desta volta, no seu novo libro de viaxes e aventura, o nicrariense lévanos ata illa portuguesa de Madeira. “Los ríos del cielo” [Ed. Medulia] non é un libro técnico, “nas súas paxinas poderemos recorrer as rúas do vello barrio de pescadores de Funchal, a pegada do escritor Jhon Dos Passos con raíces na localidade de Ponta do Sol ou a conexión do autor cun amigo íntimo de Santiago de Compostela”, descúbrenos. “E por suposto, sentir a paisaxe e a xoia dos seus precipitados cursos de auga”.

A presentación que se desenvolverá este xoves 22 de febreiro ás 20:00h no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee, non será unha presentación ao uso. “Faremos unha viaxe seguindo o fío dunhas fotografías, de como nace unha historia, o porqué de viaxar, viaxes de aventura ou de pracer, viaxar con cartos ou sen nada; a que hora se senta un a escribir, a quen se lle adica e por suposto que hai no interior cando un se colga dunha fervenza de 111 metros…”

Máis novas

Comentarios