Os Bombeiros recuperan o corpo dunha gaivota que quedara enganchada polo pico nun edificio

22:13 13/12/20
Esta mañá de domingo, pasadas as 12:15h, os Bombeiros de Cee realizaban un dispositivo rescatar unha gaivota morta que quedou enganchada polo pico dunha canaleta no Edificio de Galivivienda, na Avda. Fernando Blanco, Cee. Co medo de que puidese caer e facerlle dano a algunha persoa, os Bombeiros acodiron co vehículo de altura para a retirada do animal morto. Non houbo ningunha complicación na intervención.
Así rescataron os Bombeiros de Cee unha gaivota morta que quedara enganchada polo pico nunha canaleta dun edificio en cee. pic.twitter.com/YVxEPTjMKv
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) December 13, 2020