Venres. 29.03.2024
El tiempo

Buserana cumpre 18 anos de loita feminista cun agasallo en forma de local

Buserana cumpre 18 anos de loita feminista cun agasallo en forma de local
Inauguracion do novo local da Organizacion de Mulleres Buserana en Cee Inauguración do novo local da Organización de Mulleres Buserana en Cee Histórico este 2018 para a loita feminista en todo o planeta. Histórica foi o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, gran folga e as multitudinarias mobilizacións. Históricas foron as manifestacións en contra da sentenza xudicial á “Manada”. Histórica acaba de ser tamén a resposta da sociedade durante o pasado 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, con accións tanto das Buseranas como de ducias de concellos, entidades e centros de ensino. E histórico vai ser este 2018 tamén a nivel local. Porque a pioneira entidade comarcal, a Organización de mulleres Buserana, tras 18 anos de loita continua, inauguraba este pasado xoves 29 de novembro, o seu primeiro local, situado no edificio do vello Agra Raíces, en Cee. Aquela entidade que xurdiu, en 1999, da necesidade dunha presencia pública feminista nesta nosa terra, comezou reuníndose en bares, despois no local da CIG durante moito tempo… Foron incontables as ocasións en que solicitaron un local ao concello, pero a voz do feminismo pareceu esquecida durante 18 anos. Reflexión, reivindicación, encontros, investigación e difusión, concienciación… Son os seus signos de identidade “entendendo o feminismo como inseparable da xustiza social, da ecoloxía e da solidariedade”. Por iso traballan “por un mundo mellor, un mundo tamén en feminino”. Teñen participaron en infindade de foros; teñen convocado folgas e ducias de manifestacións (8M, 25N..); teñen loitado por unha mellor atención da matrona, de pediatría, por unha concellalía da muller; teñen denunciado o trato sexista cando tiveron constancia (no hospital, por parte dalgúns facultativos, nos medios de comunicación, na publicidade…); teñen presentado mocións nos concellos; teñen participado en mesas redondas; teñen organizado talleres, festas… Pero como elas mesmos recoñecen “as enerxías son limitadas, os recursos escasos, e non somos moitas…” Cada unha das bravas Buseranas ten as súas vicisitudes e non poden estar en todas partes. Ademais, das tres mulleres que botaran a andar o proxecto, unha marchou. Onte foi o día para lembrar a Pepa Fandiño. “Sen ela, sen a súa forza, alegría, traballo, moitas mulleres que formaron parte da nosa organización non nos terían coñecido, e, moi probablemente, Buserana non estaría a cumprir estes dezaoito anos”, compartían as outras dúas fundadoras, Chicha Martínez e Carmen Arnoso. ”Queremos lembrala hoxe, pois forma parte de nós. A súa capacidade de traballo, de rir, de acompañar,... foi sempre inmensa. Terá sempre a nosa admiración, e estará no noso querer sempre. Agradecémolle, sobre todo, ter sido ela. Por todo o que significacou para o feminismo, e para nós”. ”Moitos eus diferentes conforman un nós grande”, lucía na tarta de aniversario.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-buseranas-pechan-un-historico-2018-na-loita-feminista-na-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/25n-concellos-e-escolares-demostran-a-maior-implicacion-da-costa-da-morte-na-loita-contra-as-violencias/

Máis novas da Buserana

Fonte

Comentarios