Martes. 30.04.2024
El tiempo

Buserana tingue de esperanza e literatura o 25N

25N en Cee on Buserana
Buserana tingue de esperanza e literatura o 25N

Ademais dos numerosos actos municipais, tres concentracións convocadas pola sociedade civil deronse este sábado co gallo do 25 de novembro, para demostrar a necesidade de seguir loitando para erradicar a violencia de xénero.

25N en Cee-Foto-Rafa Quintans. 3
Foto-Rafa Quintáns.

O venres déronse dúas citas. O venres celebrouse ao mediodía unha concentración co alumnado do Manuela Rial, os IES Agra Raíces e Fernando Blanco, ademais dos usuarios de Aspadex e Apem e a corporación municipais.

25N en Cee-Foto-Rafa Quintans 2
APEM conmemorando o 25N en Cee-Foto-Rafa Quintáns

Pola noite, a Organización Feminista Buserana convocaba á cidadanía para lembrar odos os nomes de tódalas vítimas deste 2023, que xa sobrepasan ás do 2022. Son 52 as vítimas oficiais, e 92 as que consideran reais os colectivos sociais, á espera de confirmar a muller asasinada en Porriño. Ademais de escribilas en pedras, as mulleres da Buserana leu en voz alta cada nome.

Con todo, este ano, a entidade quere cambiar o foco e darlle unha entidade máis optimista, para tinguir de esperanza este acto, e demostrar que con educación e cultura a violencia machista disminúe. Para iso está o certame de Microrrelatos, cuios premios se entregaron nun emotivo acto.

25N en Cee-Foto-Rafa Quintans pedras

Levou o premio xuvenil Lúa Iglesias co seu relato “As sete da tarde”, e o premio de adulta María Paz Lema co seu relato “Crebacabezas”. Leron os trelatos alí e saltaron as bágoas do publico.

Lúa Iglesias lendo o seu relato do 25N
A filla de María Paz parte do manifesto

Máis novas do 25N

Comentarios