Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Camiñando cara a inclusión das persoas con diversidade funcional

Camiñando cara a inclusión das persoas con diversidade funcional
Xornada inclusion social e Laboral das Persoas con Diversidade Funcional Cee O vindeiro venres, 8 de abril, terá lugar na Casa da Cultura de Cee unha xornada sobre a "Inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional". Durante toda a mañá haberá diferentes ponencias de persoal experto na materia que abordarán diferentes temas sobre a inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional. Pilar Iglesias Lema, concelleira de Cee, inaugurará as xornadas ás 10 horas A continuación, Mª Junquera Vázquez Casal - Psicóloga clínica e responsables dos servizos de APEM en Soneira e Fisterra - e Juan García Lema - conserxe da unidade residencial APEM - expoñerán o exemplo da asociación APEM - Asociación Pro Enfermos Mentais -. De seguido intervirá Alba Vázquez, para expoñer o caso de COGAMI e Moisés Lamigueiro, como responsable das Áreas Social e de Familia de Fademga Plena Inclusión Galicia. Tras un descanso, os asistentes a estas xornadas coñecerán en profundidade o traballo que realiza a asociación Aspadex a prol da inclusión dos seus usuarios. Para iso intervirán Karina Mouzo - Educadora Social e Psicopedagoga de Aspadex -; Tomás Arias García e Rosana Carrilo - usuarios de Aspadex. A continuación, unha avogada experta en Discapacidade e Dependencia - Ana Mª Castro Martínez - falará sobre a "Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade". E por último, Juan Domingo Fernández - usuario de Fademga Plena Inclusión de Galicia - disertará sobre a relación da crise económica coa inclusión. Rosario Paz Rey - orientadora laboral do concello de Cee - será a encargada de clausurar as xornadas . Os interesados en participar poden informarse e anotarse no Servizo de Información e Orientación Laboral do concello de Cee (número de teléfono 981 745 100 ou no enderezo electrónico [email protected]).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios