Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Unha campaña contra o furtivismo... na praia da Concha?

O BNG protestando pola campaña da Xunta contra o furtivismo na praia da Concha
O BNG protestando pola campaña da Xunta contra o furtivismo na praia da Concha
Unha campaña contra o furtivismo... na praia da Concha?

Non escolleu ben a Xunta todas as praias onde levar a campaña contra o furtivismo “á praia vense gozar, non a saquear”. Estivo no Ézaro, Carnota, Muros, Fisterra ou Muxía, onde si, ten sentido facer esta iniciativa para loitar contra o “furtivo de bañador”, que esquilma o o traballo das nosas mariscadoras.

Pero a praia da Concha, en Cee, se cadra non era a mellor praia para exercer a campaña. Así o entende o BNG de Cee, que considera indecente que a Xunta se achegase con ese lema. “ Xunta deben esquecer que a praia da Concha leva moitos anos pechada ao baño por mor da contaminación por augas residuais, sinalan dende o BNG, que tamén lembran que a administración galega “leva gastados preto de 400.000 euros en estudos para dar solución aos problemas no saneamento, pero estas non dan chegado”.

Así, un grupo do BNG decidiu protestar diante da carpa que tiñan montada, e en breve farán unha pregunta no parlamento de Galicia para saber que criterios seguiron para traer a campaña a ría e se pensa a Xunta facer algo máis que publicidade.

Comentarios