Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Cáritas poderá seguir atendendo a 150 familias na bisbarra

Cáritas poderá seguir atendendo a 150 familias na bisbarra
A Alcaldesa de Cee, Diego Calvo e Manuel Soto estreando as obras en Cáritas Cee

Cáritas atende en toda a Costa da Morte a un total de 150 familias sen recursos. Non cabe dúbida que é unha das entidades sociais que máis traballa na bisbarra ante a ausencia de outras de carácter laico. En todo caso, a Deputación quere por o seu gran para que a atención sexa axeitada, e vén de asinar un convenio con Cáritas Cee polo que aporta 18.000€ para a posta en marcha do novo local de elaboración e reparto de comidas a persoas en situación de necesidade en toda a comarca.

Este novo local, sito na Rúa Magdalena, abrirá a súas portas o próximo día 25 de febreiro para que os 20 voluntarios que traballan con Capacee atendan ás 30 persoas que recollerán no local a comida para cada día, repartindo o venres as racións precisas para todo o fin de semana.

“Esta é a primeira vez que desexamos pechar un sitio que estamos abrindo, pero a día de hoxe é necesario contar cun local que permita dar este servizo ás familias sen recursos, así que grazas por facelo posible”, asegurou Calvo ante os voluntarios.
Pola súa banda, Soto agradeceu o apoio da Deputación e a implicación persoal da alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, “por estar pendente de cada unha das xestións que permitiron que este local estea a punto de comezar o seu funcionamento”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios