Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Casa da Cultura de Brens terá unha planta máis

Plano da ampliacion da CAsa Cultura Brens-Cee
Plano da ampliacián da Casa Cultura Brens
A Casa da Cultura de Brens terá unha planta máis

Anunciaba onte a Deputación da Coruña o investimento de 160.000 nas obras de ampliación da Casa da Cultura de Brens, en Cee. Unha Casa da Cultura que terá unha nova planta.

A superficie desta nova planta empregarase como almacén e estará conectada ao salón de actos, que se atopa na primeira planta xa existente, a través dunhas escaleiras que tamén se construirán dentro desta reforma e que chegarán ata o recibidor da planta baixa do edificio.
O novo espazo ten previsto albergar usos públicos nun futuro, polo que tamén quedará previsto un lugar para a instalación dun ascensor para facelo completamente accesible a todas as persoas.

As obras, que aínda están en periodo de licitación, tamén servirán para mellorar o illamento térmico das instalacións. As obras teñen un prazo de execución de 6 meses.

Comentarios