Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Cash Record de Cee confirma o seu traslado ao Polígono

Beatriz Sestayo de Sea e José Andrés Estévez Méndez de AC Reunidos
Beatriz Sestayo e José Andrés Estévez Méndez
O Cash Record de Cee confirma o seu traslado ao Polígono

Xa o anunciabamos en xuño. O Cash Record de Cee trasládase ao Polígono. Así o rubricaron onte coa sinatura do contrato entre Beatriz Sestayo, xerente da empresa estatal Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), e José Andrés Estévez Méndez, representante de AC Reunidos SL, sociedade de investimento asociada ao proxecto Vegalsa.

Afirman que o centro terá un "deseño pioneiro que tamén permitirá a creación de novos postos de traballo".

Construirase unha superficie bruta de 201.782 metros cadrados, dos cales que máis de 105.000 están destinados á superficie da parcela. Vegalsa adquiriu un total de tres parcelas
que suman 6.462 metros cadrados.

Comentarios