Cee abre o programa deportivo mentres nace un novo clube de atletismo


Xa están abertas as inscricións para o Programa Deportivo Municipal do Concelo de Cee. Do 17 ao 28 de setembro estará aberto o prazo pre-inscrición para participar nas diferentes escolas e actividades físico-deportivas para o curso 2012-2013.
Un programa que chega coa creación do novo clube “Asociación Deportiva Olimpia de Cee”, de recente creación, que traballará entre outras disciplinas o atletismo ausente en toda a bisbarra. Necesaria ademais a creación da creación dun clube de atletismo na vila da Xunqueira, dados os éxitos acadados polos atletar sénior e polos máis pequenos tamén.
Máis información e inscrición
A formalización da mesma poderase facer na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no tlfn. 981.745100 (ext. nº 3) ou ben no correo electrónico deportes@concellocee.es.
Novas relacionadas
- O BNG de Cee propón a creación dun Banco de Alimentos.
- Un atleta ceense, 4º na 1ª española e 7 pequenos aos Campionatos Galegos.
- 13 medallas máis para os atletas do Manuela Rial.
Fonte
- Concello de Cee.