Un atleta ceense, 4º na 1ª española e 7 pequenos aos Campionatos Galegos


Seguimos confirmando que a Costa da Morte é unha potencia deportiva, e hoxe facemos ficanpé no noso potencial atlético. O comprobábamos a semana pasada coas 13 medallas do Manuela Rial, e hoxe temos que ir ata San Sebastián para seguir os pasos, apúrense que nos deixa atrás, dun ceense moi en forma.
Imos ata o Miniestadio de Anoeta, onde o pasado domingo 20, o clube Atletismo Affelou Narón partipou no II encontro da 2ª Xornada de Liga de Primeira División Nacional. E alí estaba un representante da Costa da Morte, o atleta da ceense Jorge Rodríguez Lariño, que conseguíu un meritorio 4º posto na proba dos 3000 m. obstáculos, cun tempo de 9´58´´ igualando a súa mellor marca nesta proba.
O JA Sabadell resultou vencedor do cuadrangular (209 p.), seguido do Vino Toro Caja Rural (172 p.), sendo terceiro o equipo local, At. San Sebastián (160 p.) e cuarto o Club Atletismo Afflelou Narón (142 p.).
Vindeira proba
Agora os de Narón participarán o vindeiro 2 de Xuño no Octogonal de permanencia contra: At. San Sebastián, Vino Toro Caja Rural, Decatlon Kondy, Bidezábal Atletismo, Súper Amara BAT, Atlético Salamanca e EAMJ-Fuerteventura; para tratar de conseguir a permanencia nesta categoría.
7 altetas do Manuela Rial acoden ao Campionato Galego de Atletismo
O vindeiro sábado 26 de maio celebrarase o Campionato Galego de Aletismo ao aire libre nas pistas do Estadio dá Xuventude en Pontevedra. Á cita acudiran os 3 primeiros clasificados de cada provincia máis as 4 mellores marcas de toda Galicia, sen contar cos xa clasificados por posto.
O colexio Manuela Rial Mouzo de Cee acode, tras triunfar nos Provinciais, cun total de 7 deportistas que competirán nas seguintes probas:
- José Carlos Rey competirá no lanzamento de martelo e de peso. O corcubionés espera realizar un gran campionato sobre todo no lanzamento de martelo, xa que é o actual campión provincial e leva unha das mellores marcas da tempada.
- O vimiancés Juan José Lema acompañaralle no lanzamento de martelo, coa intención de mellorar as súas marcas do pasado provincial.
- Samuel Sambade competirá na proba de lanzamento de disco, co obxectivo de superar a súa mellor marca pesonal, xa que aínda ten moito marxe de mellora.
- Iñaki Coronilla e Juan Baustista Marcote buscarán realizar un bo papel na proba de 3km marcha, do mesmo xeito que Carmen Ramón que pode dar a sorpresa na mesma proba.
- Pola súa banda Saulo Pose logrou a clasificación para 3 probas. No 1000 m. obstáculos pelexará por unha das 3 medallas, mentres que no salto de altura e no lanzamento de xavelina intentará coarse na mellora para mellorar as súas marcas.
Novas relacionadas
- Os atletas da Costa aprobaron con boa nota o exame do Monte do Gozo.
- A Costa tamén corre.
- 13 medallas máis para os atletas do Manuela Rial.
- Os infantís do Manuela Rial xa son Campións Galegos de volei.
- Coristanco acollerá a VI Carreira Pedestre de Costa da Morte.
- A Carreira Popular de Carballo agarda un milleiro de atletas.
Fonte
- Redacción de QPC e Nota de prensa do Manuela Rial da man de Luís Alberto Fernández.