Cee analiza o papel das algas como fertilizantes nun congreso da USC


De toda a vida, foi práctica tradicional recoller o argazo para utilizalo de abono nas hortas. A Costa da Morte sabe moito deso, e esta semana terá unha cita para analizar a súa verdadeira utilidade.
A profesora de Produción Vexetal e directora do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da Universidade de Santiago de Compostela, Elvira López Mosquera, e a doutoranda Marta Illera Vives participarán nas xornadas “A conservación do medio natural, tarefa común” o venres 24 en Cee co tema “As algas como fertilizante en agricultura”, que desenvolverán en dúas sesións, moderadas pola xornalista da USC Noa Díaz Varela.
A primeira das sesións será ás 13.00 horas no salón de actos do IES Fernando Blanco, e estará dirixida aos estudantes dos IES Agra de Raíces e Fernando Blanco. Pola tarde, ás 20.00 horas no salón de actos da Casa do Concello (rúa Domingo Antonio de Andrade s/n), celebrarase outra sesión aberta á participación de todos os cidadáns interesados.
”As algas como fertilizante en agricultura”
- Venres, 24 de outubro de 2014:
- Ás 13.00 h. no IES Fernando Blanco (para os estudantes dos IES Agra de Raíces e Fernando Blanco).
- Ás 20.00 h. no salón de actos da Casa do Concello, rúa Domingo Antonio de Andrade s/n (entrada Libre).
Relatores:
- Elvira López Mosquera, profesora de Produción Vexetal e directora do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da USC.
- Marta Illera Vives, doutoranda no Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da Universidade de Santiago de Compostela.
- Noa Díaz Varela, xornalista. Moderadora.
As xornadas
As xornadas de divulgación “A conservación do medio natural, tarefa común”, organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela e patrocinadas por Turismo de Galicia, a través do programa do VIII Centenario da peregrinación de San Francisco a Compostela, comezaron no mes de setembro e desenvólvense ata finais de novembro en 20 concellos de 20 comarcas de Galicia, en sesións de mañá e de tarde. Nelas participan docentes e investigadores de áreas do saber relacionadas coa temática de cada día, prestando especial atención a cuestións ambientais de interese xeral e relacionadas coa comarca na que se celebra cada conferencia.
Novas relacionadas
- Os trapos sucios das algas na Costa da Morte.
- Algas á rúa.
- 2009: O PP rexeita a regulación da recollida do argazo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).