LigadaCostaFEM: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder
Só 3 partidos se disputaron esta semana quedando outros tantos para a ponte, e mesmo para a seguinte, pois agora tocan 2 semanas de parón.
Pero un dos partidos foi importante para o devir da competición, como foi a vitoria do Outes ao que chegaba líder, o EF Juan Cabrejo. Así, o Cabana, que vencía ao Xallas B, colócase líder, cun punto sobre as camariñás e 2 sobre as da Serra, quedando pendente un Soneira-Corcubión para o día 14 que pode meter a un dos dous equipos de cheo na pomada.
3ª Div. Fem. Gr. 3, xornada 8
Outes - EFJC Camariñas (2-1)
- Outes: Lía, Fátima Antía, Alicia, Buján, Cris, Carmen, Carla Vidal, Miriam, Gema Roo e Laura Lires. Tamén: Erika, Molinos, Marta Gerpe, Natalia, Candela.
- EFJC Camariñas: Desiré, Uxía (Lola), Rocío, Rosana, Brenda, Aitana, Yara, Laura Paredes, Saray (Alba), Maira (Ana Lelucha) e Paula Mouzo.
- Goles: 0-1, m.37: Yara; 1-1, m.47: Carla Vidal; 2-1, m.55: Laura Lires.
Chegaban as líderes ao Conchido, nun partido que podería permitir ás camariñás alonxar a un rival ou apretar a táboa a tope. E foi un partidazo. Primeira metade moi igualada, cun Outes moi serio, e cun Camariñas moi sólido, sen fisuras, que provocaba que non houbese demasiadas ocasións. Si que probou o Outes a Desiré dende lonxe e unha de Maira para as visitantes, pouco antes de que Yara, cunha boa vaselina á porteira nun barullo dentro da área, abrise o marcador.
Cambiou o conto na segunda. As de Dani Salgueiro saíron moi enchufadas, presionando arriba, e xa aos 2 minutos Carla batía por abaixo a porteira e colocaba o empate. Seguían empurrando as locais, cunha Gema espectacular, manexando o partido ao seu antollo demostrando por que e unha das mellores da liga na súa posición, aportando pausa e velocidade cando o equipo o necesitaba. Ademais, os cambios permitiron ás da Serra darlle un plus de velocidade, e pouco despois Laura Lires facía o segundo.
Intentou calmar o partido aí o equipo local, pero o Camariñas aínda tivo o empate en dúas faltas de Yara, unha pegaría no longueiro e outra saldría fora por pouco.
A Baña - Zas (1-3)

- Zas: Alvite, Carlota, Lorena, Isa, Nuria, Andrea, Lara, Antía, Nerea, Lucía e Noelia. Tamén: Laura, Tania, Ruth, Valeria, Atenea.
- Goles: 0-1, m.2: Nerea; 1-1, m.4: Paula Gerpe; 1-2, m.62: en propia; 1-3, m.92: Nuria.
Partido moi traballado polo Zas para sacar os tres puntos, cun inicio trepidante xa que aos dez minutos xa o marcador ía 1-1. Adiantaba Nerea ás de Anxo Garrido á saída dun córner pero as locais empataría nrápido de falta. A partir de aí pouco xogo nos primeros 45 minutos.
Na segunda parte as locais xogaron con moita intensidade que non as zaseiras custoulles igualar. Pero as mellores ocasións eran para as visitantes, que se adiantaban de novo tras un córner. Ese gol deu tranquilidade, e permitiu que calmasen o partido. Pasaron os minutos sen sufrir demasiado, ata que no último minuto, unha galopada incrible de campo a campo de Nuria servía para poñer o 1-3 definitivo.
Cabana - Xallas B (3-0)

- Cabana: Miriam, Idania (Sabela), Iria (Valeria), Myrella, Aroa, Inma, Alejandra (Irene), Laura, Nerea (Nuria), Adriana, Silvia (Natalie).

- Xallas B: Valeria, Paula Maneiro, Carmen Pena, Judit, Daniela, Laura, Mar, Saray, Cali, Soraya e Michelle. Tamén: Alba, Naiara, Valeria Caamaño, Noa e Carmen Pombo.
- Goles: 1-0, m.23: Aroa nun córner; 2-0, m.43: Myre nun córner; 3-0, m.63: Laura.
Partido adiantado a xornada que o Cabana afrontou con moita seriedade ante o Xallas B. Levaron o peso do partido as locais, cun ritmo moi alto polos dous bandos, cun Xallas serio ara que as de José Manuel abriron a lata a balón parado. Preto do descanso, novo tanto á saída dun córner, deixando o partido encarrilado.
Xa no segundo tempo o Cabana seguiu mantendo a posesión e algunha chegada que salvaba Valeria, ata que que Nerea facía o terceira e sentenciaba o partido. Gran partido, en todo caso, tamén das de Noe Vimi, que van collendo o pulso á competición..
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.
