Venres. 20.09.2024
El tiempo

Cee aprende galego, informática e de telexerontoloxía

Cee aprende galego, informática e de telexerontoloxía

Varias novidades traemos hoxe arredor do Concello de Cee, como son a presentación dunha nova ferramenta informática, o inicio do curso CELGA de galego, e mais o novo servizo de telexerontoloxía do Centro Social.

Novas ferramentas informáticas para as asociacións

A Deputación de A Coruña está a desenvolver un ciclo de charlas informativas para dar a coñecer o funcionamento do programa Conta doada 2, a versión ampliada e actualizada da ferramenta informática que a institución provincial ofrece de forma gratuita ás asociacións sen ánimo de lucro dos 94 concellos coruñeses.

Dentro deste ciclo, o Concello de Cee acolleu na tarde de hoxe unha sesión explicativa para as asociacións e entidades da comarca de Fisterra. Con esta ferramenta informática, a institución provincial pretende apoiar o traballo de todas estas entidades cun programa actualizado que non só inclúe contabilidade, senon outras opcións que axudan á xestión diaria das entidades.

Curso CELGA

O pasado luns 1 de abril ás sete da tarde no antigo IES Agra de Raíces de Cee, comezaronse a impartir as clases preparatorias para as probas d CELGA 4, que terán lugar en xuño deste ano. Estas clases preparatorias están destinadas a todos aqueles adultos interesados en obter o certificado do CELGA 4. En principio, o curso impartirase durante os meses de abril e maio, de luns a xoves, con horario de sete a nove da noite.

Telexerontoloxía en Cee

O CENTRO SOCIAL DE CEE conta cun sistema de telexerontoloxía durante os meses de abril-maio, esta colaboración levouse a cabo dende a Cocellería de Benestar social, Igualdade e Persoal . O número de persoas usuaria de dun máximo de 25 cubrindose todas. Esta a disposición dos usuarios en horario de apertura do centro.

O préstamo do servizo é a través do Programa de Cooperación Transfronterinza España-Portugal (POCTEP): Envejecimiento Activo. Onde se pon en marcha un estudo piloto a fin de establecer a viabilidad dun sistema de teleasistencia avanzada baseado no dispositivo denominado Telegerontología. Esta colaboración lévase a cabo en toda Galicia, con outros 8 centros e máis dunha veintena de domicilios.

Constitúe un dispositivo novedoso, que aproveitando os grandes avances das TIC pretende levar determinadas funcionalidades desde un centro de control ata colectividades e/ou fogares remotos.

É un servizo que a través de Internet e cun equipamiento específico, situado no centro de control e no centro remoto (neste caso no centro social de CEE) permite aos usuarios (as persoas maiores) beneficiarse dunha serie de funcionalidades. Devandito terminal incluiría os seguintes servizos: Contidos sobre temas de saúde, videos para a promoción da actividade física e mental, adestramento e avaliación cognitiva-Telecognitio, videoconferencia e navegación por Internet. Ademais nos domicilios podemos ter controis en liña de saúde (tensión arterial, pulso e nivel de saturación de osíxeno en sangue).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios