Martes. 10.09.2024
El tiempo

Cee controlará a actividade dos madeiristas tralo acontecido na Operación Forest

Cee controlará a actividade dos madeiristas tralo acontecido na Operación Forest
Fraude forestal nos bosques da Costa da Morte

Xa temos as primeiras consecuencias do comezo da Operación Forest. O primeiro en reaccionar é o Concello de Cee, que a través do seu teniente alcalde enviou unha comunicación á delegación provincial da consellería de medio rural e ao Distrito forestal V, con sede en Vimianzo. No oficio requírese a estes organismos que comuniquen os permisos concedidos para a tala de árbores no termino municipal ceense. Os propietarios de montes están obrigados a solicitar á administración (neste caso aos distritos forestais) un permiso para realizar a corta de madeira.

O Concello de Cee ten en vigor a ordenanza fiscal reguladora da taxa por depósito, carga e transporte de madeira e outros materiais (BOP 11/02/2009) A comunicación dos permisos de corta por parte da Xunta, facilitará o cumprimento do establecido na normativa municipalo, sobre todo no que se refire á reparación inmediata do deterioro producido nos viais ou nas infraestruturas anexas, así coma a retirada dos restos procedentes das operacións de carga ou almacenamento.

Os maderistas están obrigados a depositar un aval bancario que faga frente aos desperfectos que poidan causar durante a tala ou o transporte da madeira.

Por último, o tenente de alcalde solicita á administración forestal que impoña que os madeiristas só utilicen as pistas que forman parte do trazado do camiño de Santiago a Fisterra e da súa prolongación a Muxía no caso de que sexa estrictamente necesario.

Novas relacionadas

Comentarios