Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Primeiras detencións no fraude forestal da “Operación Forest”

Primeiras detencións no fraude forestal da “Operación Forest”
Os detidos declararon o xoves no Xulgado de Corcubion

Alertábannos varios dos nosos informadores de a pé ao longo da mañá da presencia de numerosos furgóns da Policía Nacional pola bisbarra. Non é habitual ver estes furgóns e a todos se nos víu á cabeza aquel 31 de xaneiro de 2011 co comezo da Operación Orquesta. Desta volta a trama versa sobre o fraude forestal e deuse a chamar Caso Maceiras, pero que a Policía Nacional denomina dende xa "Operación Forest".

E xa temos as primeiras detencións tras un ano de denuncias públicas. Hoxe, mércores 24 de abril de 2013, foron 6 os detidos na Costa da Morte. Entre eles 4 empregados de varias entidades bancarias de Vimianzo, que foron directores durante as datas nos que realizou. Ademais, foron detidos a muller e o irmán do empresario da empresa de formigóns, supostamente a empresa Maceiras, centro da trama.

Subvencións forestais ilegais

O procedemento central de todo o fraude é o seguinte. A través dunha empresa vimiancesa, Maceiras, de aí o nome que lle outorgaron os medios, solicitábanse axudas para reforestacións e limpezas de montes (que normalmente non se levaban a cabo) a nome de particulares nos Concellos de Vimianzo, Dumbría e Muxía. Pero particulares que non sabían nada, non deran o seu coñecemento e que mesmo non tiñan nin propiedades.
Así, as axudas eran tramitadas directamente pola empresa, coa suposta connivencia de Correos á hora de reconducir á empresa as cartas que lle chegaban aos afectados, e dos bancos, que abriron contas a nome dos supostos propietaron sen o seu consentemento.

Falamos dun fraude que pode chegar a 1 millón de euros, recoñecido pola Xunta, e que xa ten pasado polo Parlamento en varias ocasións. Un fraude no que poden estar implicados varias administracións, mesmo a Xunta, como denuncia a FRUGA, o sindicato agrario que leva máis dun ano levantando a voz sobre esta trama.

A Policía Nacional non descarta que poida haber máis detencións.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios