Luns. 13.07.2020
El tiempo

Cee, Corcubión e Fisterra unen forzas nunha Mesa Interinstitucional contra a Violencia de Xénero

Cee, Corcubión e Fisterra unen forzas nunha Mesa Interinstitucional contra a Violencia de Xénero

Esta mañá de mércores 15 de xaneiro, tivo lugar na Casa da Cultura de Cee, a Constitucion da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero formada polos concellos de Cee, Corcubión e Fisterra.

Un fito importante, no que unirán forzas os Concellos, a través das súas alcaldías, concellerías e dos Centros de Información á Muller, cos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado (Garda Civil e Policía Local); a Subdelegación do Goberno de A Coruña; a Xunta; o Xulgado de Violencia de Xénero; o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e a coordinación de Atención Primaria, así como os centros educativos dos tres concellos.

Mesa contra a violencia de xenero de Corcubion Fisterra e Cee
De esquerda a dereita: Concha Millán, a directora do CIM de Cee, Emilia Mª Trillo, concelleira de Servizos sociais, igualdade e emprego de Cee, Manuel Insua, alcalde de Corcubión, Isabel Alvarez, xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno de A Coruña, Margarita Lamela, alcaldesa de Cee e Belén Liste Lázara, Subdirectora Xeral para o tratamento da Violencia de Xénero.

Novas relacionadas co #25N

comentarios