sábado. 09.11.2024
El tiempo

Cee difunde a obra de Rosalía de Castro

Cee difunde a obra de Rosalía de Castro
A bandeira galega e un poema de Rosalia de Castro colgaran da fachada do concello todo o mes A bandeira galega colgará da fachada do concello todo febreiro O vindeiro 24 de febreiro cumpriranse 179 anos do nacemento de Rosalía de Castro e o concello de Cee vén de anunciar as distintas actividades que se organizan dende o Servizo de Normalización Lingüística para difundir a obra da escritora e que algunhas delas se recollen na moción presentada polos membros do BNG de Cee. Así, ao longo do mes de febreiro, permanecerá colgada na fachada principal da casa do concello a bandeira de Galicia xunto cuns versos de Rosalía. Ademais desta acción, o Servizo de Normalización Lingüística repartiu entre os locais de hostalería e librarías do municipio distintos poema escritos por Rosalía de Castro co fin de dar a coñecer así un pouco máis da súa obra. A biblioteca municipal acolle unha mostra bibliografica A biblioteca municipal acolle unha mostra bibliográfica Pola súa banda, a biblioteca municipal "Francisco Mayán" acolle unha mostra bibliográfica das obras de Rosalía de Castro. A exposición componse de 59 libros procedentes do fondo bibliográfico da biblioteca ceense. Ademais, os alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos da comarca participarán no programa de visitas guiadas ás depedencias da biblioteca.   Novas relacionadas Fonte   

Comentarios