Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cee, Dumbría e Corcubión acollerán un Obradoiro de Emprego Dual de Promoción Turística e Ioga

O BNG dos 3 concellos lamentan que “o Obradoiro non vaia enfocado á realidade actual”
Cee, Dumbría e Corcubión acollerán un Obradoiro de Emprego Dual de Promoción Turística e Ioga

A semana pasada anunciaba a Xunta a concesión dos obradoiros de emprego. Esa oportunidade excelebte tanto para os Concellos como para os desempregados da zona, de formarse nunha profesión mentres se recibe un soldo.

Cee, Corcubión e Dumbría compartirán entre outubro e xullo de 2022 un Obradoiro Dual para formar 20 alumn@s en dúas especialidades:

  • Promoción Turística Local.
  • Ioga.

As persoas interesadas en participar no proceso, poden buscar información aquí e deben inscribirse na oficina de emprego de calquera dos 3 concellos, ou falando cos ADL.

Críticas dende o BNG

Desde o Bng congratulámonos de que este obradoiro veña a parar aos nosos concellos, mais non concordamos co enfoque que se lle deu no que ten que ver coas especialidades escollidas”, sinalan nun comunicado os voceiros dos 3 grupos locais do BNG (Serxio Domínguez Louro de Cee; Lois Lado de Corcubión e Xaime Trillo de Dumbría).

”Nun momento como o actual, onde vimos de rematar un verán no que a escasez de man de obra especializada foi constante e a demanda de profesionais foi tal que non se atopou xente para traballar, consideramos que optar por formar profesionais en Ioga non é o mais acaido”.

Propoñen formación en materias máis demandadas, como “Camareir@s, cociñeiras ou persoal de limpeza, ou profesionais da construción, como electricistas, albaneis ou fontaneiros”.

”Lamentamos pois que, tanto Pp como Psoe estean tan desconectados da realidade da Costa da Morte, e non entendan que non podemos seguir vivindo tan só do turismo e do ocio, que non saiban entender as necesidades da comarca e non colaboren con elas nunha formación que favoreza as empresas e @s profesionais”, denuncian.

Comentarios