mércores. 04.12.2024
El tiempo

Cee e Vimianzo poden despedirse do Grumir

Cee e Vimianzo poden despedirse do Grumir
Daniel-Oca-e-Zaira-Rodriguez-con-Rueda-falando-do-Grumir

E non só os Concellos, se non que os perxudicados somos todos. Pero a sensación que quedaba na reunión que a alcaldesa e o teniente de alcalde ceenses tiveron co conselleiro de Presidencia da Xunta non foi nada positiva. Rueda deixou claro que o novo Mapa de Emerxencias de Galicia vai en serio, deixando as comarcas de Fisterra e Soneira esquecidas, e situando os únicos puntos para os GES nas esquinas, en Ponteceso e Muros.

De pouco serviron as alegacións que presentaron Zaira Rodríguez e Daniel Oca, se ben quedarán para que a Xunta poida analizar as peticións para evitar que Cee quede sen base de Grumir.
Dende Cee amosaron unha batería máis que completa de razóns para evitar a redistribución, ou polo menos para manter a base. O material co que xa conta o centro de emerxencias ceenses; a experiencia dos seus traballadores; a localización estratéxida que permite vertebrar a bisbarra en menos de 30 minutos, nomeado ademais, xunto a Corcubión "Cabeceira do Sistema Urbano Intermedio” (Vimianzo é considerado "nodo de equilibrio do territorio"); o feito de ter unha industria pesada; o crecemento poboacional; ou o gran de risco hidrolóxico da vila da Xunqueira e imposibilidade dos bombeiros de Cee a facerse cargo de anegamentos, grandes atascos na rede de saneamento, caída de árbores,… foron algúns dos argumentos que empregaron os responsables ceenses.

En todo caso, e en sabendo que a cousa está moi complicada, os reponsables ceenses reclamaron ao conselleiro que, polo menos, o procedemento de contratación das novas unidades de emerxencias fose aberto, para que o persoal formado poida concurrir.

Por outra banda, o grupo de goberno ceense reclamará que "a dotación económica dos programas de cooperación se manteña para que Cee poida seguir dando un servizo axeitado á veciñanza".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios