Domingo. 15.09.2024
El tiempo

Cee prepara a súa Semana do Teatro

Dani Trillo e MARIA RIOS EN DeseXo de Talia Teatro
Dani Trillo e María Ríos DeseXo de Talia Teatro
Cee prepara a súa Semana do Teatro

Tralo paso da Xunqueira, as verbenas dan paso á cultura en Cee. A X Semana do Teatro e das Artes Escéncicas Á esCEEna segue afianzándose e vai collendo, ano tras ano, a sona daquela marabillosa Mostra de Teatro, que convertira a Costa da Morte no epicentro teatral de Galicia durante 25 anos. E precisamente son o grupo da casa, Talía Teatro, os grandes responsables daqueles anos de luz, os que estrean esta X Semana, que se desenvolverá do 19 ao 24 de agosto, ás 21:30h no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura.

Programa A EsCeena Cee 2'24

Será este luns 19 de agosto cando se abra o telón coa obra DeseXo, na que Dani Trillo e Marta Ríos reflexionan sobre a educación sexual, ou a falta dela, nas nosas escolas.

O martes toca cita con Vas Rir, e a súa obra Cabaré Climático.

O mércores 21 chega Culturactiva, unha das bandas referentes do paíos, con “As alumnas”, un espectáculo sobre xustiza social, memoria histórica e sobre as mulleres como María Barbeito, que loitaron pola educación e a igualdade en Galicia.

Para o xoves chega unha das bravas do país, a herculina Isabel Risco, precisamente co seu espectáculo Bravas.

O venres chega Malasombra, con Testorerona, outra obra en clave potaxie.

E o sábado, Noite de Bohemia represena un clásico “El perro del hortelano”.

Comentarios