Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cee prepárase para retomar o Día da Bici

Cartel Día Bicicleta Cee 2022
Cee prepárase para retomar o Día da Bici

Dentro do programa estival de deportes do concello de Cee para oeste 2022, retómase a organización do 19ª DÍA DA BICICLETA DE CEE, este sábado 30 de xullo.

A proba que é organizada polo concello, conta coa colaboración do Cclub Ciclista Cee e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e Policía Local e co patrocino de tenda de deportes Dequip Aurora Sport.

A finalidade desta actividade non é outro que estimular o uso da bicicleta como medio de locomoción alternativo, ademais de ser beneficioso para a saúde e respectuoso co medio ambiente.

  • Destinatarios: a partir dos 4 anos de idade (nados no 2018 e anteriores). Aviso: o uso do casco é obrigatorio.
  • Horario: C das 11:00 ás 14:00 horas.
  • Distancia do itinerario: 12,9 km.
  • Lugar de saída: Lino Rodríguez Madero, a carón da oficina da Policía Local (parte traseira da casa do concello) hora de concentración ás 10:30 horas.
  • Lugar de chegada: casetas do paseo marítimo Pepe Sánchez de Cee.
  • Inscrición gratuíta: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar) ata o venres 29 de xullo ás 14:00 horas.
  • Máis información: no email [email protected] ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)
  • Aquí podedes ver o itinerario.

 

Comentarios