Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cee presenta un completo programa para Semana Santa con teatro e audiovisual galego

Presentacion Semaan Santa Cee
Juanma Buiturón (concelleiro), Margarita Lamela (alcaldesa) e Víctor Castiñeira (técnico de Cultura) na presentación do programa
Cee presenta un completo programa para Semana Santa con teatro e audiovisual galego

Este sábado 27 de marzo Cee celebra o Día Internacional de Teatro coa “absurda” obra 32m2, de Butaca Zero. Será o comezo dunha longa Semana de actividades, nas que haberá baile, e sobre todo, cinema galego, cun ciclo no que estarán representadas as catro finalistas na categoría de Mellor Longametraxe da XIX edición dos Premios Mestre Mateo, que cada ano ano convoca a Academia Galega do Audiovisual, e cuios gañadores e coñecerán o vindeiro 10 de abril.

Antes de comezar o ciclo, durante a mañá do domingo 28, o Club Arrte e Movemento (que vén de arrasar no Campionato de España de Baile Latino), competirá dende o Auditorio Baldomero Cores no Campionato de España de Caribbean Show Dance, que se celebra virtualmente.

Ciclo de Cinema

O programa está composto polas longametraxes “A illa das mentiras” (12 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo), “Ons” (13 candidaturas), “Arima” (7 candidaturas) e “Lúa Vermella” (4 candidaturas), polo que os catro filmes que se poderán ver en Cee suman 36 candidaturas finalistas nos XIX Mestre Mateo.

As proxeccións contarán con aforo limitado e estarán suxeitas ás medidas de seguridade sanitarias habituais. É, pois, necesario facer a reserva previa de entradas, ben na oficina do Departamento de Cultura polas mañás ou na Biblioteca Francisco Mayán, polas tardes.

  • Mércores 31 de marzo, 20.00 horas: “A illa das mentiras” (Paula Cons, 2020). Con Ana Oca no elenco.
  • Xoves 1 de abril, 20:00 horas. Ons (Alfonso Zarauza, 2020). Con Marta Lado como nonimada.
  • Venres 2 de abril, 20:00 horas: Arima (Jaione Camborda, 2019).
  • Sábado 3 de abril, 20:00 horas: Lúa vermella (Lois Patiño, 2020). Co Rubio de Camelle e a Costa da Morte como principais protagonistas.

Curso

Ademais, o domingo 4 de abril, ás 11:00h haberá un curso de Mecánica e afinación do acordeón coaentidade Sons da Costa e o patrocinio da Asociación de Amigos da Banda ceense. A mestra será a luthier francesa Stéphanie Simon, especialista en mecánica, reparación e afinación de acordeóns, considerada unha das figuras máis respetadas dentro do mundo do acordeón.

Estrea dunha Curtametraxe

A Semana culminará o domingo 4 de abril ás 20:00h, cunha estrea, a da curta “O que tiras ao mar”. Con localizacións preferentes en Cee e arredores e protagonizado por Toño Casais e Serxio Domínguez, “O que tiras ao mar” é unha curtametraxe feita en Cee e por xente de Cee maioritariamente (boa parte do elenco, a música de Fernando Fraga, a produción...) con guión e dirección do cabanés Federico Rioboo. Contou tamén co apoio do concello de Cee e da Asociación Cultural Alexandre Bóveda de A Coruña.
De haber demanda suficiente, faríase un segundo pase o propio domingo 4 de abril, ás 20.45 horas.

Curta O que tiras ao mar

Novas relacionadas

Comentarios