Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Cee puxo en valor a historia das mulleres do pasado e do presente

8M do BNG na Praza do Olvido de Cee
Cee puxo en valor a historia das mulleres do pasado e do presente
Despois de ter que ser adiado a semana pasada por mor do mal tempo, o BNG rescatou o roteiro de Homenaxe á Muller co gallo do #8M polas rúas de Cee.

En primeiro lugar, na Praciña do Olvido douse leitura a pequenas biografías de mulleres galegas do pasado, como Rosalía de Castro, Isabel Barreto, Emilia Pardo Bazán, Isabel Zendal, Marcela e Elisa, María Pita, Filomena Dato, Maruja Mallo, Sofía Casanova, Concepción Arenal, Adelina. 

De seguido, na Praza Concha Blanco, foi a quenda para diversas mulleres do presente, que contaron de primeira man as súas experiencias de vida. Fernanda, por exemplo, unha muller "incomprendida" que vivía de maneira "diferente"  nos anos 70 80, que saia dos canones normais da epoca. 
Tamén falou Ester sobre as mulleres de Baldaio e Abelleira, que no seu momento pelexaron por defender os areais de ambos lugares. 
E dixeron tamén palabras a gandeira Matilde, Chinta, ama de casa e membro da Plataforma Reiseñores; Merche responsable da Confraría, a mariscadora Merche; a mestra Lorena; a celadora Cris ou a artista Alicia.

E para rematar, na Praza 8 de Marzo procedeuse a ler un manifesto.
 

8M do BNG na Praza do Olvido de Ce 2

8M en Cee polo BNG

Comentarios