![]()
Pouco a pouco vamos coñecendo a programación que preparan desde os departamentos de cultura municipais para a celebración do Entroido. Coñecemos xa o
cartel de Fisterra e dos
premios que repartirá o concello de Vimianzo en Baíñas. Agora é o turno de
Cee que concentra as actividades do carnaval en dous días. O primeiro será o 13 de febreiro - martes de entroido - cunha
festa infantil que se realizará (se o tempo o permite) na praza 8 de Marzo entre as 16 e as 20 horas. A segunda das citas é o sábado, 17 de febreiro; día no que o
desfile de comparsas será o protagonista xunto co concurso no que se repartirán 4.500 euros en premios.
Máis actividades![]()
Ademais da programación do Entroido, o concello de Cee vén de dar a coñecer as actividades culturais que desenvolverá durante os meses de febreiro e marzo.
A protagonista do mes de febreiro será, como é habitual,
Rosalía de Castro. Haberá varios actos ao redor da figura da escritora galega por excelencia. Así, o domingo 18 de febreiro, Talía Teatro estrea "Servidor de dous amos" no auditorio Baldomero Cores. A cita comeza ás 20 horas e o custe da entrada é de 5€ para o público xeral e de 3€ a bonificada.
A biblioteca Francisco Mayán acollerá dende o día 19 unha mostra bibliográfica sobre a obra de Rosalía. E xa o dái 24, haberá un concerto no auditorio da casa da Cultura para conmemorar o 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Ciclo de monólogos
O mes de marzo estará adicado aos monólogos. Pedro Brandariz, Víctor Grande e Felipe Díaz "Caxoto" pisarán o escenario da casa da Cultura para facer rir aos asistentes coas súas historias. As citas serán os sábados 3, 10 e 17 de marzo ás 20 horas no auditorio Baldomero Cores. A entrada terá un custe de 3€ (xeral) e 2€ (bonificada).
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Cee