Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cee también cambiará todas as súas luminarias para aforrar un 60% de consumo enerxético

Margarita Lamela e Maria Rivas en Cee
Margarita Lamela e Maria Rivas en Cee
Cee también cambiará todas as súas luminarias para aforrar un 60% de consumo enerxético

Visita dunha completa comitiva onte a Cee por parte da subdelegación do Goberno para anunciar o proxecto de renovación das luminarias de Cee. Un proxecto subvencionado polo goberno central que suporá o investimento de 2,5 millóns de euros, dos que o 20% lle corresponde ao Concello, e que permitirá aforro enerxético medio de aproximadamente o 61 % respecto ao consumo existente ata o momento.

Substituirán as luminarias convencionais por outras con tecnoloxía LED, e mellorando así a eficiencia. A actuación global está estruturada en doce proxectos, nos que se plantexan aforros enerxéticos que oscilan entre o 48 % e o 82 %, e permitirá renovar practicamente a totalidade dos 3.227 puntos de luz existentes, instalando ademais outros 69 novos.

As obras estarán financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, e xestionada polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

Xunta de Seguridade

Aproveitose a visita para facer a Xunta de Seguridade de cara ás festas da Xunqueira deste mes de agosto. Unha Xunta que servíu para presentar a Alex Muíño como novo Xefe da Policía Local. O axente cambia a súa Muxía natal por Cee, e comezou a traballar cun equipo formado por 9 persoas das que 5 están de baixa e 1 de vacacións.

 

Comentarios