Cee tamén acollerá este mércores unha das mobilización para recuperar o Sistema Sanitario Público
- O BNG da Costa da Morte amosou o seu apoio á mobilización.
14:54 20/04/21
Este mércores 21 de abril ducias de colectivos acompañarán á Plataformas de SOS Sanidade Pública nas concentracións que se desenvolverán por todo o país. Unha delas será en Cee, ás 20:00h na Praza 8 de marzo, coordinada pola Plataforma Pediatras e Matronas en Galicia Xa!, que acaba de estrear o seu himno.
Unha mobilización nacional pola “recuperación do sistema sanitario público galego”, con claras demandas:
- Normalizar os centros de saude e garantir a asistencia presencial.
- Plan para afrontar as listas de agarda acumuladas.
- Información transparente e acceso universal ás vacinas covid.
- Incrementar o persoal e rematar coa súa precariedade e inestabilidade.
- Rexeitar a reforma da lei Galega de Saúde que recorta as liberdades cívicas.
Apoio do BNG
O BNG da Costa da Morte amosou o seu apoio á mobilización.
Novas relacionadas
- Abril 2021: Un himno na loita por un servizo de pediatría digno.
- Marzo 2021: Xarda analiza a crúa realidade da sanidade pública con voces costeiras.
- Novembro 2020: Milleiros de persoas clamaron nas redes a necesidade de máis pediatras e matronas.
- Familias da Costa da Morte lideran unha Plataforma para esixir pediratras e matronas en todo o rural galego.
- DirectosQPC sobre o SERGAS: As principais campañas sobre hábitos saudables en anuncios de refrescos ou galletas”.
- Outubro 2020: 17 anos de promesas pero Fisterra segue sen novo Centro de Saúde
- Outubro 2020: Carnota mobilízase para recuperar o seu servizo de pediatría.
- Setembro 2020: As profesionais do Servizo de Atención Primaria de Vimianzo describen a súa precaria situación.
- Febreiro 2020: Manifestación comarcal en Cee contra os recortes en pediatría: “Somos familias aos que se nos está negando o dereito a unha sanidade pública digna”.