sábado. 14.12.2024
El tiempo

Cee tamén renovará todo o seu alumeado público co apoio do Ministerio

Margarita lamela e Pilar Lopez Rioboo en Cee
Margarita Lamela e Pilar López Rioboo en Cee
Cee tamén renovará todo o seu alumeado público co apoio do Ministerio

Son varios os concellos da comarca nos que o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, leva investido na renovación do alumeado. Concellos como Cabana, Laracha, Dumbría, Ponteceso, Corcubión, Carnota ou Vimianzo teñen desenvolto, ou desenvolven, proxectos millonarios semellantes.

Porque falamos de 2,4 millóns de euros (o Concello terá que asumir o 20%) para substituír os 3.227 puntos de luz en diferentes zonas do Concello. O que suporá aforro de ata o 82% no consumo enerxético, equivalente en cifras monetarias a pasar 157.586,35 a 53.491,43 euros (un descenso do 66%), de tal forma que o investimento acometido polo Concello poderá ser amortizado no prazo de cinco anos.

Así o anunciaban esta mañá a subdelegada do goberno Pilar López-Rioboo e a alcaldesa Margarita Lamela repasaron algunhas das iniciativas xa aprobadas e que contan coa participación estatal.

Os plans afectan a tódalas zonas de Cee (Fadibón, Grixa, Sicar, Escabanas, Ancares, Valiñas, Bermún, Gures, Ameixenda, A Pontella, Estorde, Toba, Tedín, Canosa, etc), ademais de acometer melloras en diversas instalacións municipais coma o edificio do Concello.
A modo de exemplo, o custo anual da iluminación pública nas zonas de Valiñas, Paseo da Praia da Concha, Casas Baratas e piscinas é actualmente de algo máis de 24.000 euros e co desenvolvemento do proxecto plantexado pasará a ser de menos de 7.000 euros, cun aforro polo tanto superior aos 17.000 euros.

Comentarios