Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Cee terá o seu debate público e aberto na Casa da Cultura

Debate electoral Cee 2023-Quepasanacosta copia
Cee terá o seu debate público e aberto na Casa da Cultura

Este é finalmente o cartel do debate público que o diario Quepasanacosta organiza este martes 16 de maio ás 20:00h no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.

A candidata socialista Margot Lamela, négase a participar neste exercicio básico de democracia. Despois dun mes sen responder ás nosas numerosas peticións de confirmación de asistencia, esta pasada tarde de venres, un membro do seu equipo nos confirmou que non ía acodir.

Así mesmo, e malia que na meirande parte dos debates desenvoltos en medios públicos só participan os candidatos con representación parlamentaria, e recoñecendo que o exercicio democrático sería máis completo coa presencia do 5º candidato á alcaldía, procedemos a invitar a Víctor Somoza (UC), pero declinou participar.

O debate será ás 20:00h e a entrada é de balde e será retransmitido en directo pola Canle de Youtube de Quepasanacosta.

Comentarios