Masterclass literaria, teatro e sensibilización para o novembro cultural de Cee
O Departamento de Cultura de Cee non sucumbe ao virus e mantén a súa programación para este mes de novembro. Actividades con aforo reducido, pero con gañas de manter viva a Casa da Cultura.
Este sábado 7 de novembro comeza con doble sesión. Pola mañá, de 11:00 a 13:00h, Concha Blanco impartirá unha masterclass na última sesión do obradoiro de creación literaria organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Pola tardiña, ás 20:00h, Teatro do Noroeste trae "Da avaricia, a luxuria e a morte", unha obra patrocinada pola Deputación de A Coruña para conmemorar o Día do teatro, pero que tivo que ser aprazada no seu momento pola Covid-19.
Xa o sábado 28, ás 18:00h, o Auditorio Baldomero Cores recibe "Karelu", Proxecto artístico da compañía Os Náufragos Teatro. A sesión empezará cunha entrevista coa asociación Amino, para ver como funcionan entidades de sensibilización por dentro. AMINO é unha asociación que loita para os nenos/as e adolescentes vítimas de abuso sexual, maltrato físico, maltrato psicolóxico, neglixencia e acoso escolar da comunidade autónoma de Galicia