Mércores. 15.05.2024
El tiempo

A visita teatralizada ao Ecomuseo do Forno do Forte, toda unha experiencia para os centros de ensino

Visitas teatralizadas no Ecomuseo do Forno do Forte de Buno-malpica
A visita teatralizada ao Ecomuseo do Forno do Forte, toda unha experiencia para os centros de ensino

Xa están en marcha as visitas teatralizadas ao Ecomuseo do Forno do Forte de Buño. A primeira sesión, a do pasado xoves 25 de abril, foi todo unha experiencia para uns 80 alumnos e alumnas dos Institutos Maximino Romero de Lema de Baio e Urbano Lugrís de Malpica.

Gozaron da intervención artística de Yago Espasandín e Raquel Crespo, que representan “Onde nace o fume”, unha historia única vinculada á Olería de Buño que narra historias e anécdotas curiosas, sobre todo para rapaces da súa idade (a historia narra vivencias da época dos seus avós).

A peza, que foi rigurosamente documentada polos actores, para amosar os medos dunha familia da época, anos de posguerra, onde a futuro non está craro. Amenízanse estas dúbidas con historias simpáticas que relaxan o ambiente

Estes temas saíron no coloquio posterior co alumnado, onde as preguntas centráronse non só na historia como no apartado técnico da xeración e montaxe da obra.

Ao ter que suspender o primeiro pase, modifícase o calendario das visitas teatralizadas para institutos quedando do seguinte xeito:

  • xoves 25 de abril - 11: 30 h
  • xoves 16 de maio - 11:30 h
  • xoves 30 de maio - 11: 30 h
  • xoves 13 de xuño – 11:30 h

É unha visita de balde, para un máximo de 150 persoas, pero necesita Inscrición previa Chamando ao tfno: 981 711520 de luns a venres de 9:00h a 14:00h ou ao  correo ecomuseo.fornodoforte@malpicadebergantinos.es.

Comentarios