O BNG volve preguntar no Parlamento Galego polo proxecto de seguridade da dársena de Malpica
Por enésima vez, 5 anos despois do accidente mortal do Silvosa, o proxecto de mellora da seguridade da dársena porto de Malpica volve ao Parlamento. Volverá ser o BNG o que leve o asunto ao hemiciclo para preguntarlle ao goberno galego se ten previsto iniciar no ano 2025 a execución do proxecto.
Porque o proxecto xa quedou fóra dos orzamentos da Xunta de 2024, unha situación que xa escandalizou a un sector cansado de esperar.
Foi en 2021 cando a Xunta decidiuse a comezar os estudos específicos sobre as ondadas no interior do porto, coa instalación dun sistema de alerta temperá, para, en principio, prognosticar con 72 horas de antelación a produción de fenómenos de resonancia no interior do porto. Pero a pesar dos estudos nada se ten feito ata o de agora, e pesar de que nunha das últimas comparecencias a que foi Presidenta de Portos de Galiza, Susana Lenguas, anunciara remate dos estudios, e que se barallaban diferentes opcións para a mellora da seguridade na dársena e que xa había liñas de traballo en marcha, ofrecendo tres posibles liñas de actuación.
Así, agora esperan que a pregunta sirva para incentivar a posta en marcha do proxecto.
HISTÓRICO DA SEGURIDADE NO PORTO DE MALPICA DENDE 2018
- Decembro 23: O BNG pide incluír a mellora da seguridade no porto de Malpica nos Orzamentos da Xunta 2024.
-
Outubro 23: A seguridade no porto de Malpica volve quedar sen partida orzamentaria
-
Marzo 23: A Xunta rexeita a proposta de ampliación do dique do porto de Malpica e propón varias alternativas.
- Marzo 22: O PSOE solicita a ampliación de 200 metros do dique de abrigo de Malpica.
- Novembro 22: O PSOE critica a mísera partida dos Orzamentos da Xunta para a seguridade na dársena de Malpica
- Xaneiro 22: O BNG presenta outra moción para axilizar as obras de seguridade do porto de Malpica.
- Novembro 21: O Parlamento acorda, con unanimidade, afrontar as actuacións de seguridade do porto de Malpica:
- Abril 21: “Deberían botarlle man porque se está correndo demasiado risco na dársena de Malpica”.
- 19-02-2021: Novas propostas para a mellora da dársena de Malpica. Continúa o estudo experimental para establecer un sistema de comportas no peirao.
- Febreiro 2020: Dous anos despois, e as embarcacións seguen xogándose a vida no porto de Malpica.
- Decembro 2020: A Xunta volve usar un sistema experimental no porto de Malpica dous anos despois do accidente mortal do Silvosa.
- Agosto 21: As obras do porto de Malpica seguen a medias.
- Febreiro 2020: A Xunta pide paciencia para acometer as obras de seguridade do peirao de Malpica.
- Outubro 2019: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Decembro 19: Comeza a instalación do radar que permitirá definir o proxecto de mellora da seguridade no peirao de Malpica.
- Oubturo 19: A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas.
- Outubro 19: Un radar, primeira medida da Xunta para revisar a seguridade do porto.
- Xullo 19: A familia do mariñeiro falecido en Malpica entrega 10.000 sinaturas para que Portos acometa obras de seguridade no peirao.
- Xullo 19: Walter Pardo e Leiceaga piden á Xunta a a execución das obras de mellora de seguridade no porto de Malpica.
- Febreiro 19: Aprobada no Parlamento unha iniciativa para eliminar o risco na entrada do porto de Malpica.
- 31-01-19: A oposición ao completo obriga no Parlamento á Xunta a tomar medidas para o porto de Malpica.
- A seguridade no porto de Malpica volve ao Parlamento.
- A familia malpicá do falecido no mar pide solucións para o porto.
- Decembro 18: Conmoción en Galicia polos dous naufraxios da Costa da Morte.
- 20-12-2018: O mar cóbrase outra vida nun novo afundimento dun barco en Malpica.