Venres. 26.04.2024
El tiempo

O circo ambulante de Galitoon chega a Cee

The Show Moscon en Cee
The Show Moscon en Cee
O circo ambulante de Galitoon chega a Cee

Este sábado volve o teatro ó Auditorio da Casa de Cultura de Cee. Será ás 18.30 horas da man de Galitoon que nos traerá un espectáculo para toda a familia que acaba de ser seleccionado para participar no FETEN 2021. “The Show Moscón” está pensado para público familiar, a partir dos 4 anos, que nos traerá auténticas Divas da canción, absurdos números musicais, horribles Magos e Mentalistas, increibles bebés equilibristas, marabillosos números de Danza e un sen fin de humor.

Hai Aforo limitado. Entradas a 3 e 2 € (reserva na Biblioteca - Casa de Cultura, de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas, de luns a venres. O sábado, se quedasen, a partir das 17:30h na taquilla.

Comentarios