O COAP Costa da Morte envía o seu apoio á Flotilla dende Cee
"A pesares do acto de piratería cometido polo exército de Israel en augas internacionais, co secuestro da tripulación de 22 dos 56 barcos solidarios, a pesares de que destrozaron estos e os deixaron á deriva, a pesares dos disparos intimidatorios, a pesares das malleiras recibidas que ocasionaron 30 ingresos no hospital con cuatro persoas graves, a pesares do secuestro indefinido dos ativistas Saif e Tiago, a pesares da cumplicidade das autoridades gregas, a pesares da hipocresía dos gobernos dos países europeos e a pesares da indiferencia dos do resto do mundo, a Flotilla continua rumbo a Gaza".
Así o conta Duarte Ferrín dende a Flotilla estando en Creta, mentres en Cee, a xente do COAP Costa da Morte volvía concentrarse este sábado 7 de maio na Praza 8 de marzo para denunciar a extrema situación que vive esta expedición solidaria.

Con todo, dende Creta avanzan que están cos "ánimos mais altos que nunca e a nosa determinación máis forte", e que levantarán áncoras este venres para partir, xunto a barcos gregos, rumbo Turquia, onde nos esperan outras embarcacións, para intentar "todas xuntas romper o salvaxe bloqueo que o estado xenocida de Israel exerce sobre a Franxa de Gaza desde o ano 2007, que está matando lentamente á poboación, sen comida, auga, mencinhas e productos básicos, sen vivendas e cun sistema sanitario moi precario".
Dende a Flotilla agradecen a colaboración do barco do Open Arms.