O Comité de XEAL volve pedir a intervención inmediata da Xunta
Seguen esperando os traballadores de XEAL que a Xunta cumpla as súas promesas e actúen en relación ao “deterioro laboral e produtivo” das fábricas de Cee e Dumbría. O Comité de Empresa vén de trasladarlle nunha reunión mantida este xoves á conselleira de Emprego, María Xesús Lorenzana, e á directora xeral de Planificación Enerxética, Paula Uría, a necesidade de que a Xunta interveña de inmediato ante “os manifestos incumprimentos das cláusulas concesionais dos aproveitamentos hidráulicos”. Sen ir máis lonxe, a Xunta debería recoñecer “a nulidade da operación de venda entre Ferroatlántica e TPG-Ithaka”, que deixou unha ridícula situación empresarial co fondo de investimento estranxeiro como propietario e a multinacional española como única proveedora e cliente.
Dende o Comité lembran a xuntanza mantida hai xa un ano co conselleiro de Industria, Francisco Conde, na que o ente autonómico se comprometía a manter información fluída cos traballadores. Pero “a Xunta non só non actuou, senón que a situación nas fábricas segue empeorando”, denuncian, apuntando a baixada paulatina da produtividade dos fornos nos dous últimos anos, así como a perda xa 30 postos de traballo directos, 80 eventuais, así como moitas empresas auxiliares.
Unha das esixencias que xa fixo a Xunta hai tempo é a presentación dun plan de viabilidade e de investimentos así como a concreción dun calendario para o rearranque dos fornos 13 e 14. Nin unha cousa nin outra están sobre a mesa da Consellería, aínda que o mercado internacional existe demanda de ferroaliaxes e estase rexistrando un incremento dos prezos dos metais.
O Comité volve lembrar que “XEAL só ten interese no negocio da electricidade e materializou unha segregación encuberta de actividades prohibida polas cláusulas das concesións das centrais, o que debería supor a inmediata reversión dos dereitos de explotación”.
Negociación do convenio
No medio atópase estancado o proceso de negociación sobre o novo convenio colectivo. “XEAL tamén pretende recortar os dereitos das traballadoras e traballadores, así como o do persoal pasivo (xubilados/as, viuvez e persoal de longa enfermidade)”, denuncia o Comité.
NOVAS RELACIONADAS
- 17-07-21: Cada vez máis demandas nas concentracións de XEAL.
- 09-07-21: O comité de XEAL denuncia na Inspección o proceder da empresa ante os casos de acoso laboral e sexual.
- 25-06-21: Denuncian que Xeal reduce o caudal ecolóxico do río Xallas con permiso da Xunta.
- 24-06-21: O emprego en XEAL volve ao Parlamento.
- 05-06-21: Un novo despedimento axita aínda máis a loita dos traballadores de XEAL :