Domingo. 20.09.2020
El tiempo

Coñecendo a Antonio Domingo Andrade no tricentenario do seu pasamento

Coñecendo a Antonio Domingo Andrade no tricentenario do seu pasamento
Victor Castiñeira e Pepa Fandiño presentando o programa Cultural polo Tricentenario de Domingo Antonio de Andrade

Considerado como a principal figura no paso do clasicismo ó barroco en Galicia e pola Costa da Morte apenas o coñecemos. O vindeiro 19 de novemebro celébrase o tricentenario do pasamento do arquitecto ceense Domingo Antonio Andrade (1639-1712). E como non podía ser doutro xeito, o Concello de Cee, da man do seu activo tecnico de cultural, o historiador e colaborador de QPC Víctor Castiñeira, vén de preparar un completo Programa de actos con conferencias, roteiros e unha interesante exposición, para homenaxear a divulgar a súa figura.
Programa que se enmarca dentro do Programa do Outono Cultural do Concello de Cee, que traerá sesións de patrimonio, teatro, música e audiovisual durante todas as fins de semana de aquí a fin de ano.

Programa de Actos polo 300 anos do pasamento de Domingo Antonio de Andrade

Recoñecido pola Torre do Reloxo da Catedral de Santiago ou pola célebra escaleira de caracol do Sto. Domingo e Bonaval, este arquitecto deixou a súa pegada por todo o país. Se ben a vindeira semana repasaremos a súa figura e a súa obra, hoxe nos centramos no completo programa de actos.

Interesante estará la exposición "De Cee a Comopostela. Vida e obra dun xenio" que está deseñnado o propio Castiñeira para abrir o vindeiro 12 de outubro no Museo Fernando Blanco, onde se poderá ver ata o 12 de novembro. Está pensada para todos os públicos pero sobre todo para os escolares, aos que o Concello xa están enviando invitación para formalizar as visitas guiadas.

Haberá un ciclo de 3 conferencias, baseadas na historia, arquitectura e a arte. Todas comezarán ás 19:00h no Salón de Sesións da Casa do Concello:

  • Sábado 20 de outubro: "Andrade e a vila de Cee no seu contexto histórico", por Víctor Castiñeira. Historiador e Técnico de Cultura do Concello de Cee
  • Sábado 27 de outubro: A arquitectura de Domingo Antonio de Andrade", por Juan Creus Andrade, arquitecto e Profesor na ETSA da Universidade da Corula.
  • Sábado 3 de novembro: "Domingo Antonio de Andrade, mestre do barroco galego". Por Antonio Leis Castro, Profesor de Xeografía e historia no Instituto Joaquín Turina de Madrid.

Ademais, o sábado 17 de novembro o Concello artella un novedoso Roteiro cultural pola obra de Antonio Andrade, cunha viaxe a Santiago de Compostela. Hai 50 prazas e xas as poden solicitar no 981 745 100.

Programa Outono Cultural

Xa comeza esta fin de semana o Outono Cultural en Cee, con actividades todas as fins de semana de aquí a fin de ano. Este venres 12:00h xa comezan co Concerto de Púa e Pulso dun cuarteto búlgaro para escolares. Ademais o sábado estarán os Quinquilláns no Salón de Actos do Concello a partir das 20:30h.

Escola de Teatro

Ademais, informan que xa está aberto o prazo de inscrición para a Escola de Teatro de Cee, que comezará a primeiros de novembro, coma sempre da man de Artur Trillo e Toño Casais.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios