Venres. 26.04.2024
El tiempo

Continúa a sinistralidade na AC552

Continúa a sinistralidade na AC552
Un novo accidente de tráfico obligaba esta maña a actuar aos Bombeiros de Cee.
As 9:46 da maña, o servizo recibía chamada do CAE112 por accidente de tráfico con feridos, sen atrapados, con tres vehículos implicados na comarcal 552 a altura do lugar de Lobelos (Cee). Lugar do sinistro na AC552 en Cee Ao chegar o punto os servizos de emerxencia atopaban un choque por alcance entre tres vehículos cunha muller ferida, en principio de carácter leve, que non quixo ser trasladada. No lugar xa se atopaba unha ambulancia do 061 e unha patrulla da Garda Civil de Corcubión, tendo que agardar pola Garda Civil de Tráfico, que xa estaba avisada. Unha vez retirados os vehículos da estrada procedeuse á limpeza da mesma para que continuase o tráfico , que estaba interrumpido no carril de circulación dirección Cee.

Comentarios