Martes. 10.09.2024
El tiempo

Contra vento e marea, pero cun sorriso ata a fin da terra

Contra vento e marea, pero cun sorriso ata a fin da terra
Os 140 valientes en Corcubion-Foto- Rosa Ana Rodriguez

Camiñando faise "O Camiño"... E con ilusión e vontande acádanse as metas. Así define Soco Insua, unha das armadanzas desta proposta de Aspadex, a loita contra os imposibles dun grupo de 140 mozos e mozas de toda a provincia con diversidade funcional. Nen "o diluvio universal" impedíu este sábado, membros de entidades de toda Galicia completaran a Etapa Fin do Camiño, cumprindo así o seu soño de facer o Camiño Santiago-Fisterra.

A expedición estaba formada por usuarios dos centros ARTEFIOS (A Coruña), ASPRONAGA (A Coruña), ADCOR (A Coruña), APADER (Cedeira), AMIPA (Padrón), ASPABER (Carballo), PAIMENNI (Betanzos) e ASPADEX de Cee, acompañadas por máis de 30 persoas: monitoras, voluntarias e amigas.

Peregrinos de Aspadex baixo a chuvia

E a bravura de toda esta xente quedou fóra de dúbidas. Cun sorriso eterno na boca, partiron do campo de San Roque, en Corcubión, para ir pasando por Amarela, Estorde, Sardiñeiro… e Pavillón fisterrán. A intención era chegar ao Faro, pero eran xa demasiados chuzos de punta enriba e a expedición, que facía unha parada, en principio técnica, no pavillón, decidiu para ao ver que a cousa non melloraba.
Ata alí baixou o alcalde, para facerlles entrega da sentida “A Lembranza”, documento que acredita que chegaron a fin do Camiño Xacobeo.

A entrega da Lembranza tivo que ser no Pavillon de Fisterra-Foto- Rosa Ana Rodriguez

Menudo exemplo de superación tan enorme e tan próximo o que vivimos. E atentos de seguro que repetirán a experiencia, pois as asociacións participantes quedaron con gañas de máis, e sobre todo, de chegar ata o simbólico km.0, ata a fin da terra!

Loitando contra vento e marea pero cun sorriso-Foto- Rosa Ana Rodriguez

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios