Venres. 26.04.2024
El tiempo

A conversión da Autovía en Corredor segue colleitando as queixas da Costa da Morte

A conversión da Autovía en Corredor segue colleitando as queixas da Costa da Morte

O desmonte da Autovia Costa da Morte esta feito ata Berdoias O desmonte da Autovia Costa da Morte esta feito ata Berdoias

Os Orzamentos da Xunta de Galicia para o 2018 inclúen unha partida para continuar a AG-55. Unha partida que oscila entre os 900.000 que di o PP e os 100.000 que considera efectivos o PSdG, pero que en todo caso servirán para apenas aumentar 5,5 km a estrada. Unha partida enmarcada nun orzamento de 22 millóns de euros.

I é que agora xa non lle imos poder chamar Autovía, pois eses 5,5km entre Santa Irene e Calo serán cun só carril, sendo máis un Corredor deses que tanto aumentaron a siniestralidade nas estradas pola zona da Barbanza ou das rías Baixas.

5,5 km de Corredor que estarán en funcionamento en 2020, a pesar de ter xa feito o desmonte dende hai varios anos non só ata Baio, se non que ata Berdoias. Polo de pronto, será a UTE SGS Tecnos Thema a que redacte o proxecto cun prazo de 24 meses…

Decisións que claman ao ceo e enervan a xentes como a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra que vén como se segue escaecendo aquela promesa de Touriño en 2008, na que dicía mentres colocaba a primeira pedra que en 2011 estaría a infraestrutura completa, de Carballo a Fisterra.

Dende Fisterra lamentan que se reduza o número de carriles e a perigosidade que xeran estas vías; lamentan que a Xunta considere ás persoas da Costa da Morte “cidadáns de 2ª e integrantes de última reserva indígena”; e lamenta que a Xunta utilice durante o mes de setembro os contadores de vehiculos, cando a intensidade de tráfico redúcese nunha terceira parte con respecto aos meses de verán.

Dende Fisterra “segurán loitando ata ver realizada a totalidade da Autovía da Costa dá Morte ata Berdoias, a continuación ata Cee e a variante ao porto de Brens, en defensa da calidade de vida e o benestar desta comarca, o seu desenvolvemento industrial, comercial e turístico, que é o único que pode fixar poboación e terminar coa desertización demográfica que padecemos.”

A historia da Autovía Costa da Morte

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios