xoves. 01.05.2025
El tiempo

Convocan unha reunión informativa sobre o proxecto de alfabetización dixital crítica Tec&tea

Convocan unha reunión informativa sobre o proxecto de alfabetización dixital crítica Tec&tea
tec-and-tea-alfabetizacion-dixital-critica-en-corcubion

Pouco a pouco imos coñecendo máis dese proxecto de alfabetización dixital crítica que está nacendo en Corcubión "tec&tea (Tecnoloxía en cuestión & Tecnoloxía en acción)". Un proxecto que cada vez está máis preto e que, de feito, ten xa programada unha reunión informativa para pais/nais e profesores voluntarios que coñecer a idea.

A sesión será o vindeiro 13 de decembro na Biblioteca do Colexio Praia de Quenxe de Corcubión, a patir das 17:30h. A cita servirá para informar sobre como vai o proxecto, responder dúbidas, así como seguir reclutando voluntarios.
Xa están avisadas as ANPAS de varios centros da bisbarra e esperan que quen se faga eco desta cita e estea interesado, que non dubide en anirmarse a participar.

Que e para quen é tec&tea

Este proxecto trata de reflexionar sobre un uso racional e crítico da tecnoloxía, para impedir que sexamos (nós e xs nosxs fillxs) demasiado dependientes dos aparellos electrónicos.

En principio os talleres están pensando para nenxs de entre 9 e 12 anos, pero a realidade é que os adultxs tamén teremos cabida para aprender a tratar un asunto que moitas veces nos sobrepasa.

Máis información

Xa teñen un blog aberto, tectea.wordpress.com Tenoloxía en cuestión & Tecnoloxía en acción, no que nos van contando como vai a cousa. Podedes botar un ollo e se vos animades a colaborar, podedes preguntar en mariabellabuschmann@gmail.com.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios