Corcubión, Cee e Dumbría abren as Escolas e Actividades de Verán
Os Concellos de Corcubión, Cee e Dumbría abren as súas ofertas de verán, enfocadas aos máis pequenos. Ofertas de actividades, e escola de reforzo, que repasamos a continuación Concello a Concello.
Escola de Verán no Concello de Cee
Unha vez presentado o Programa Deportivo do Verán, o Concello de Cee abre o prazo para a Escola de Verán, un Servizo de Reforzo Escolar para o alumnado de 3º e 41 da ESO.
Unha escola que comezará o 9 de xullo, e durará ata o 7 de setembro.
A Escola de Verán do Concello de Cee será gratuíta para as persoas beneficiarias. O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de xuño e as solicitudes e a documentación necesaria presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cee de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas. Poden pedir máis información no CIM - Teléfono: 607026795.
A Listaxe de persoas admitidas publicarase o 2 de xullo, e ata o 6 faranse as reclamacións e a matrícula.
Actividades no Concello de Dumbría
O Concello de Dumbría ten aberto o prazo de inscrición para as escolas culturais e deportivas de verán. A actividade desenvolverase, coma tódolos anos, nas instalacións do Conco - Dumbría.
Haberá xogos populares, de mesa, talleres didácticos e manualidades, servizo de biblioteca, acceso a internet, actividades físicas, deportivas e predeportivas e cursos de natación (estes últimos para adultos e nenos/as).
Os interesados deben anotarse nas casas culturais ou nas oficinas municipais.
Festa infantil
Por outra banda, tamén está aberto o prazo de inscrición para participar na festa infantil de fin de curso para clausurar as actividades anuais. Terá lugar o martes, 26 de xuño, en Ézaro (no caso de que chovese, as actividades trasladaríanse ás instalacións do Conco).Haberá xogos na praia e contaremos coa actuación do Mago Benxamín, coa obra Magic.
O concello farase cargo do traslado dos participantes desde as diferentes parroquias.
Para asistir é preciso entregar unha autorización antes do 21 de xuño nas casas culturais ou nas oficinas municipais.
Proxecto Lecer en Corcubión
Paralelamente, e precisamente para conciliar a vida persoal, familiar e laboral durante o verán (xa vimos as actividades do Centro Sociocomunitario), a Concellería de Servizos Sociais de Corcubión abre durante o mes de xullo, o programa Proxecto LECER.
Os beneficiarios, hai 30 prazas, serán os nenas/os nacidas/os entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2008.
As persoas interesadas poderán inscribirse no Concello, dende o 11 ata o 26 de xuño.
Máis información nos servizos sociais ou chamando o telf. 981 745 400
Charla sobre internet en Corcubión
A Concellería de servizos sociais de Corcubión organiza, en colaboración coa Unidade Técnica de delicuencia tecnolóxica e protección do menor da Garda Civil, unha charla informativa que leva por título "Os/as nosos fillos e fillas fronte a INTERNET". A charla vai destinada a todos os pais, nais e persoas educadoras que queiran acudir para recibir información que se especifica no documento adxunto. A charla terá lugar na Casa do Concello, o mércores 20 de xuño, ás 18:30 h.
Novas relacionadas
- Cee presenta o seu programa deportivo de cara ao verán.
- O vivo Centro Sociocomunitario de Corcubión.
- Campamento de convivencia en Estorde.
- Nenos concelleiros por un día en Dumbría.
- Dumbría toma nota das posibilidades das TIC no rural con Galinus.
Fonte
- Concellos de Corcubión, Cee e Dumbría.