Venres. 10.07.2020
El tiempo

COSAL condena o agravamento da situación no Sáhara

COSAL condena o agravamento da situación no Sáhara
A entidade solidaria COSAL da Costa da Morte, sempre atento ás problemáticas mundiais de discrimnación, e en plena campaña de acollida Vacacións en paz, envía hoxe un comunicado á veciñanza de condena aos feitos acontecidos esta semana no Campamento de El Aaiún. Unha probelmática a acontecida nos campos de refuxiados, moi presente na entidade, e así o demostra a última concentración por Aminetu Haidar do pasado decembro, da que vemos unha foto.. COSAL envía este comunicado ollando que nesta bisbarra non escoitamos ningunha voz colectiva de "rexeitamento da brutal represión do reino marroquí", considerando "o silencio ante a vulneración dos dereitos humanos nos converte en cómplices da mesma". Varias entidades sociais suscriben este comunicado, como son a organización de mulleres Buserana, a Universidade Popular de Corcubión, e a Universidade Cromática das Virtudes.

Comunicado de COSAL en apoio ao pobo Saharaui

A organización COSAL- Costa da Morte, xunto coa organización de mulleres BUSERANA, a Universidade Cromática das Virtudes, e a Universidade Popular de Corcubión, queremos facer pública a nosa condea e indignación pola nova violencia exercida por Marrocos ao Pobo Saharaui, traducida nesta volta no acoso, illamento e destrución do Campamento da Dignidade en Al Aaiún, e as conseguintes agresións e detencións, cando non asasinatos, inda por contabilizar. Manifestamos asimesmo a nosa preocupación polas persoas desaparecidas e detidas, (Marrocos recoñece máis de 160 detencións), e polas condicións de vida que a brutal represión conleva nas e nos habitantes do Sahara Occidental. Facemos un chamamento a representantes de todas as forzas políticas nos concellos desta nosa terra a que se posicionen e se unan á esixencia dunha reacción española e europea acorde a vulneración dos dereitos humanos que se ven de dar, de xeito tan evidente e sen embargo tan pouco cuestionado por Europa e polo mundo. Dirixímonos á clase política para que nos distintos concellos se aproben mocións de condea destes feitos e de apelación ao goberno de Madrid para que esixa o respecto debido ás persoas saharauis que, polo feito de selo e de reclamar igualdade e liberdade, levan trinta e cinco longos anos exiladas ou represaliadas por Marrocos. Nun mundo no que cada vez máis as persoas importan menos ca os intereses políticos e económicos, cremos que o posicionamento ante estes feitos debe ser claro, contundente e público, para non sermos cómplices da inxustiza e da barbarie.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Colectivo COSAL-Costa da Morte.
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.

comentarios