xoves. 01.05.2025
El tiempo

Cursos para todos en Cee

Cursos para todos en Cee
O 14 de novembro terá lugar unha charla informativa sobre a eficiencia enerxética no fogar O 14 de novembro terá lugar unha charla informativa sobre a eficiencia enerxética no fogar Son varios as accións formativas que se levarán a cabo en Cee no vindeiro mes de novembro. Por unha parte, a enerxía eléctrica, un dos principais gastos dos fogares, será o principal tema da charla que terá lugar o vindeiro 14, ás 19:30 horas no salón de plenos do concello de Cee. Un experto na materia ensinará aos asistentes a ler unha factura eléctrica e dará as claves para aplicar a eficiencia enerxética no fogar para que ésta repercuta nun aforro do consumo eléctrico. A charla informativa, organizada pola asociación de Amas de Casa en colaración coa concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego do concello de Cee,  é gratuita e poden participar todos os interesados. Alzheimer Tamén durante novembro, concretamente os días 10, 12, 17 e 19, a federación de asociacións galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e otras Demencia - FAGAL - realizará unha serie de accións formativas para familiares coidadores de persoas cunha demencia. O curso, de oito horas de duración, impartirano profesionais do sector sanitario. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Cee
 

Comentarios