Martes. 21.05.2024
El tiempo

De barranquismo polo río Miñóns

De barranquismo polo río Miñóns

A recente reapertura da Fervenza do Xallas foi un ben para toda a bisbarra. O para case toda. Os amantes dos barranquismo láianse de ter perdido un espazo singualar incomparable onde realizar esta afección. I é que as pozas formadas o Xallas río abaixo tralo encoro de Santa Uxía eran perfectas para a práctica deste deporte de aventura.

Pero afortunadamente teremos novas posibilidades de disfrutar do barranquismo. E non é a de Ameixenda, que xa visitaramos cos bombeiros de Cee. É gracias á nova vía que veñen de abrir nas últimas datas os responsables da primeira empresa de turismo activo e de aventura da Costa da Morte, Atlantis Adventure, que se atopa na estrada de Fisterra en Cee. Trátase dun descenso do río Miñóns, un afluínte do río Brens, a cabalo entre Dumbría e Cee.

Aficandos en Cee, Jesús e Amelia son dous madrileños con raíces na zona, que non dubidaron en cambiar o asfalto madrileño pola natureza galega creando a primeira empresa de turismo activo da zona. Xa van 9 anos levando grupos a facer deportes de risco como o propio barranquismo, rutas en quad, en kayak, multiaventura, escalada, paintball... unha morea de oportunidades para disfrutar da natureza sen saír da nosa bisbarra.

Hoxe saímos con eles, da man dos seus monitores Jorge e David (de Brens e Cee respectivamente), e co mesmo Jesús, para descender, e case que estrear, o río Miñóns. Partimos da sede que ten Atlantis Adventure en Cee, collemos o 4x4 e marchamos cara Fabidón.

Alí desplegamos os neoprenos e nos preparamos para subir case que a lugar dumbriés de Miñóns polas pistas. A natureza é tan salvaxe que parece unha selva, a pesar de tantos e tantos colitros. Comeza o espectáculo.

A primeira baixada xa é rapelando. "Corpo atrás, amarra ben a corda e déixate caer.", berran os monitores aos inexpertos aventureiros. Pozas, tobogáns, trampolíns... o paraíso está ao ao carón e podemos disfrutalo. Sen teléfonos móbiles, sen ruídos, sen fumes, tan só o bulir da auga chocando contra as rochas...

O descenso é apto practicamente para todas as idades. Algunha que outra culada máis que obrigatoria, pois ao irmos baixando o río pedra a pedra, para evitar esvaróns faise máis fácil botando o cú ao chan. E ala, a rapelar e gabear polas rochas!

Quedamos encantados coa aventura, que de seguro repetiremos con semellantes monitores e semellante equipo de traballo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios